ESTÁS EN : Portada | Novas

Novas

Emitidas dende a concellería de Educación

29

set

Actividades didácticas no marco a partir de outubro

Publicado por Concellería Educación | Non hai comentarios

Imaxe do MARCO con rapaces facendo unha visita

O departamento educativo do MARCO iniciará a súa programación didáctica do outono en  torno ao 20 de outubro  centrándose na exposición "Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz". Esta exposición que se inaugura o 14 de outubro na planta baixa, está comisariada por Rosario Sarmiento e formúlase como revisión da mostra titulada "A arte inexistente", realizada en 1995 no Auditorio de Galicia, e reúne obras de artistas mulleres do século XX en Galicia.

 

O horario das actividades para escolares é de martes a venres, e 11.00 a 12.15 (1ª quenda) e de 12.15 a 13.30 (2ª quenda). O prezo estipulado para o grupo completo é de 2€/grupo.

 

Para facer efectiva a reserva necesitan os seguintes datos

 

Nome do centro:

Persoa de contacto:

Mail e telefono de contacto

Número escolares e docentes acompañantes:

Curso escolar/idades:

Quenda de preferencia (ata un máximo de 50 escolares aprox. por quenda):

Data (día e hora):

 

Máis información en http://www.marcovigo.com/es/didactica

 

 

Comentarios desactivados

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal