Biblioteca pública Juan Compañel

 

DESTINATARIOS/AS

Escolares desde  Ed. Infantil ata

2º da ESO

ENDEREZOS

Rúa Joaquín Yáñez, 6

36202 Vigo

 

Tel - 986 229 074

HORARIOS

De 9.00h a 20.30h de luns a venres

De 10.00h a 14.00h os sábados

 

As visitas escolares á  Biblioteca Pública Juan Compañel son formativas, informativas e de entretemento. Teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece este espazo para os nenos e nenas.  Nelas amósanse as instalacións, os fondos e a organización para que os rapaces e rapazas  aprendan a desenvolverse de xeito autónomo na biblioteca.

Durante a visita os escolares visualizarán vídeos explicativos da historia, funcionamento e recursos da biblioteca, pasarán polo espazo de exposición e consulta de libros curiosos, e disfrutarán de  contacontos, xogos e actividades didácticas na área infantil-xuvenil.

 

Onde está

INFORMACIÓN ADICIONAL

O propio persoal  da biblioteca realiza a actividade.

 

O número máximo de escolares por grupo é de 25.

 

Requírese a inscrición previa chamando ao teléfono 986229074 aportando os seguintes datos :

  • Nome do centro, persoa de contacto e teléfono
  • Idade dos escolares
  • Número de participantes

 

As visitas fanse todos os días, excepto o luns, de 10:00 h. a 12:00

cultura

economía e

empresa

patrimonio

equipamentos

públicos

medio

ambiente

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal