Biblioteca municipal Xosé Neira Vilas

 

DESTINATARIOS/AS

Ed. Infantil e Ed. Primaria

ENDEREZOS

Avda. Martínez Garrido, 21

36205 Vigo

 

Tel - 986 26 77 59

A biblioteca “Xosé Neira Vilas” é unha biblioteca pública, e como tal ten por obxectivo ser un centro de comunicación, información e promoción lectora da comunidade.

 

A a comunidade educativa ten unha forte presenza na realidade social na que se asenta a biblioteca, e xoga ademais un importante papel na formación de hábitos lectores e de busca de información nos rapaces dende idades temperás, de aí o interese por establecer unha colaboración entre a escola e a biblioteca, que poden complementarse nas súas atribucións.

 

Cos programas escolares preténdese que tanto o alumnado como o profesorado  se acheguen ao mundo da biblioteca dunha forma lúdica e amena, que permita, dun lado, que o alumnado que participe nas vistas ao centro valore a biblioteca como un lugar de formación á vez que de lecer, e doutro, que o profesorado que o acompañe descubra neste espazo un lugar onde poder atopar recursos educativos útiles para facilitar o desenvolvemento do seu traballo. Deste xeito, a través das visitas á biblioteca, as persoas participantes familiarízanse co uso das súas instalacións, coñecen o seu funcionamento e as posibilidades formativas que ofrece, e ao mesmo tempo descobren un espazo no que poder pasar o seu tempo de ocio.

Para facer este achegamento máis ameno e atractivo,  partiremos dun tema concreto que sirva de fío condutor á visita. Neste caso, e ao longo deste curso escolar, as visitas xirarán ao redor dos contos clásicos e  populares, os seus personaxes, as súas tramas, etc.

 

Os contidos de cada visita e as actividades a realizar estarán sempre adaptados ao nivel educativo dos participantes.

 

 

Onde está

HORARIOS

Mañás: Martes a sábado

de 10:30 a 14:00h

Tardes:  Luns a venres

de 17:00 a 20:30h

 

Do 15 de xuño ao 15 de setembro: Apertura de tarde ás 18:00h

CONTACTO / EMAIL

INFORMACIÓN ADICIONAL

As visitas escolares realízanse fóra do horario de apertura. Comezan ás 9.45h e teñen unha duración de 60 minutos.

 

Persoal da biblioteca especializado no traballo con poboación infantil guiará a visita.

 

Poden descargar nestes enlaces toda a información referente  aos programas escolares do curso 2014/2015 para os centros de ensino

 

Programa escolar  (PDF)

cultura

economía e

empresa

patrimonio

equipamentos

públicos

medio

ambiente

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal