Campus do Mar

 

DESTINATARIOS/AS

 

ENDEREZOS

Pza. Miralles, local A7

Campus Universitario de Vigo 36310 Vigo

 

Tel  - 986 130 033

O Campus do Mar é un proxecto liderado pola Universidade de Vigo e promovido polas tres universidades galegas, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO). Na actualidade realiza diferentes actividades de divulgación científica:

 

  • Mergúllate no Océano É unha actividade divulgativa que persigue o achegamento dos cidadáns ás ciencias e tecnoloxías mariñas a través do traslado de laboratorios divulgativos a puntos estratéxicos da xeografía galega.
  • Día Mundial dos Océanos En torno ao 8 de xuño, Campus do Mar participa na conmemoración do Día Mundial dos Océanos organizando actividades de divulgación científica e sensibilización dirixidas á sociedade en xeral. Roteiros mareais, visitas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas ou accións de voluntariado como a recollida de lixo nas praias son algunhas das actividades que se veñen desenvolvendo estes anos.
  • Programa CampusMarLife Busca achegar á comunidade do Campus do Mar ao coñecemento do océano a través de accións deportivas como bautismos de vela, surf, mergullo, rafting, windsurf, etc.  Este programa está aberto unicamente a membros da comunidade universitaria das tres universidades galegas.
  • Campus Científicos de Verán Tódolos anos, máis de 100 estudantes chegados de toda España repartidos en 4 quendas dunha semana cada un desenvolven durante o mes de xullo diferentes proxectos científicos e tecnolóxicos nos laboratorios do Campus de Vigo e do Instituto Español de Oceanografía. A formación complétase con conferencias, sesións teóricas, actividades culturais, deportivas e de lecer. Neste caso a xestión das inscricións realízase directamente desde a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). www.campuscientificos.es

 

 

Onde está

CONTACTO / EMAIL

Jose Jato

[email protected]

LIGAZÓNS

INFORMACIÓN ADICIONAL

Enlace para a actividade Mergúllate no Océano  Visitar web

 

Enlace para os roteiros Día Mundial dos Océanos  Visitar web

 

Enlace para o programa de voluntariado Día Mundial dos Océano Visitar web

 

Enlace para as actividades CampusMarLife Visitar web

 

Enlace para as actividades do Campus Científicos de Verán Visitar web

 

MATERIAIS DIDÁCTICOS

 

Poden descargar neste enlace un libro de aproximación ao coñecemento das Rías Visitar web

 

Na webTV de Campus do Mar existen vídeos de carácter divulgativo en diferentes formatos (conferencias, microespazos,…) Visitar web

cultura

economía e

empresa

patrimonio

equipamentos

públicos

medio

ambiente

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal