ESTÁS EN : Inicio  |  Como participar

COMO PARTICIPAR

QUEREMOS RESOLVER TODAS AS TÚAS DÚBIDAS

MÁIS DÚBIDAS?

Se non aopas resposta as túas dúbidas, podes contactar con nós

Condicións do servizo

 

Os centros de ensino participantes aceptan as presentes condicións para poder solicitar os desprazamentos escolares gratuítos do programa “Vigo Educa”, e se comprometen a colaborar coa empresa adxudicataria “Autocares Estévez Avión S.L.” na entrega das enquisas de valoración da prestación do servizo.

Enviando a solicitude...

Ups. Algo foi mal no envío :(

Volve a cumplimentar os datos

Solicitude enviada correctamente :)

  • COMO FUNCIONA O PROGRAMA?

    Os destinatarios terán á súa disposición un determinado número de autobuses gratuítos durante o curso escolar para facer saídas educativas que se realizarán no termo municipal de Vigo. Cada Centro Educativo deberá encargarse de xestionar e organizar a saída directamente co equipamento a visitar e coa empresa de transporte adxudicataria.

  • PARA QUE VISITAS DIDÁCTICAS SE PODE SOLICITAR O AUTOBÚS?

    Pode solicitarse o autobús para facer visitas preferentemente relacionadas coa variada oferta educativa municipal. En todo o caso, o Concello de Vigo ten a capacidade de autorizar ou denegar o desprazamento escolar solicitado se non cumpre a condición anteriormente citada.

  • QUEN PODE PARTICIPAR NESTE PROGRAMA?

    Como norma xeral alumnado do 2º Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

     

    Alumnado de centros públicos e privados concertados, ubicados no termo municipal de Vigo, con idade comprendida entre os 3-18 anos de idade e alumnado con necesidades educativas especiais (NEE), correspondentes aos niveis educativos do 2º Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. Excepcionalmente poderá participar alumnado do 1º Ciclo de Educación Infantil da Rede de Escolas Infantís Municipais e das Escolas 0-3 anos promovidas polo Goberno Autonómico, que cumpra tres anos durante o ano natural que acontece o desenvolvemento da visita didáctica.

  • TEN ALGÚN CUSTE PARA OS CENTROS OU PARA O ALUMNADO?

    Non, os desprazamentos son gratuítos.

  • COMO PODO CONTACTAR COA EMPRESA DE TRANSPORTE?

    Pode contactar coa empresa adxudicataria “Autocares Estévez Avión S.L.” a través destas canles:

    OFICINA: Rúa Fragosiño nº 24 (Sárdoma) 36214 (Vigo)

    HORARIO OFICINA 09:00 a 14:00 h / 16:00 a 19:00 h

    Teléfono fixo       986 471789

    Teléfono 24 H     607961557

    FAX                      986471789

    E-MAIL: [email protected]

    PERSOAL DE  ATENCIÓN “VIGO EDUCA"

    Fanny Estévez e/ou Esther Lustres

  • CANDO PODO COMEZAR A SOLICITAR O SERVIZO DE AUTOBUSES?

    Desde a 2ª quincena de setembro de 2017

    Os desprazamentos escolares para o curso escolar 2017-2018, terán o seu inicio dende a 2ª quincena de setembro de 2017 e finalizarán o 23 de xuño de 2018, polo que os centros solicitantes xa poden contactar por calquera dos medios anteriormente expostos coa empresa “Autocares Estévez Avión S.L.”, coa finalidade da xestión consensuada do calendario de desprazamentos a itinerarios didácticos libremente escollidos polos centros educativos solicitantes. Por cuestións de loxística organizativa, cómpre que cada centro determine un interlocutor/a ou coordinador/a válido coa empresa adxudicataria. A comunicación e confirmación con antelación suficiente aos responsables dos centros participantes, do calendario finalmente asignado, será obrigatoria por parte da empresa adxudicataria.

     

  • DE QUE HORARIO DISPOÑEMOS PARA FACER A NOSA SAÍDA?

    Con carácter xeral desde as 10.00h ata as 13:00h.

    As viaxes de ida partindo dos centros educativos participantes ata o punto da cidade onde teña lugar a visita didáctica a desenvolver, e nas viaxes de volta co seu regreso dende o mesmo punto ata o centro educativo, realizaranse obrigatoriamente con carácter xeral entre as 10:00 e as 13:00 hs, agás excepcionalmente aquelas visitas que pola súa complexidade ou por necesidades de programación requiran maior tempo de duración, sempre dentro da franxa horaria de 09,30 ás 13,30 hs. En todo caso, o horario de recollida e da prestación do servizo deberá ser consensuado con carácter previo entre o centro educativo solicitante e a empresa “Autocares Estévez Avión S.L.”, que será a responsable última da fixación e elaboración do calendario de desprazamentos, así como da solución de calquera incidencia que se poida producir na realización das viaxes.

  • DE CANTOS DESPRAZAMENTOS GRATUÍTOS DISPOÑEMOS DURANTE O CURSO?

    O número de saídas asígnanse a cada Centro atendendo a criterios de proporcionalidade, segundo a matrícula oficial, e a cuestións internas de índole organizativa. A empresa de transporte indicaralle en cada caso o número de saídas que lle corresponden.

     

     Inicialmente determinado polo servizo municipal de educación, a cada centro de ensino atendendo primordialmente a criterios de proporcionalidade segundo a matrícula oficial e a cuestións internas de índole organizativa, se lle asignará un crédito inicial dun número determinado de desprazamentos de transporte, que os centros de ensino solicitantes, tendo en conta as posibilidades do calendario de desprazamentos programado, poderán ir consumindo e desenvolvendo ao longo do curso lectivo escolar. Cada autobús empregado suporá ter utilizado un crédito dos desprazamentos inicialmente asignados a cada centro. Con carácter xeral, terase en conta unha discriminación positiva no número de desprazamentos outorgados en favor dos centros de ensino incluídos na rede pública.

  • DE CANTAS PRAZAS DE AUTOBÚS DISPOÑEMOS EN CADA SAÍDA?

    55 prazas (incluído profesorado acompañante)

     

    Por motivos de loxística organizativa, operatividade e aproveitamento da visita didáctica a desenvolver, o número máximo de alumnado participante, que será seleccionado polo propio centro educativo; en ningún caso poderá superar a capacidade de 55 prazas (incluído profesorado acompañante) do vehículo autorizado para o desprazamento de escolares. O número máximo de autobuses que poden facer o percorrido simultaneamente na mesma data e franxa horaria ascende a 5, agás cando as necesidades de programación así o demanden, e previa autorización do Concello de Vigo que poderán realizarse ata un máximo de 10 viaxes simultáneas diarias.

  • EXISTE A POSIBILIDADE DE SOLICITAR UN TRANSPORTE ADAPTADO?

    Si, a empresa dispón de autobús adaptado con plataforma para o traslado de alumnado con mobilidade reducida e con discapacidade física motórica, o cal implicará unha redución de prazas autorizadas en dito vehículo adaptado.

  • QUEN ACOMPAÑARÁ AO ALUMNADO DURANTE O PERCORRIDO?

    O programa non ofrece monitoraxe propio. Serán os propios docentes quen acompañen ao grupo, nunha proporción mínima de 1 mestre/a  responsable cada 25-30 alumnos/as.

     

    Como norma xeral , o profesorado que prepare previamente a visita didáctica na aula será o que acompañe ao grupo-aula durante a realización do desprazamento, nunha proporción mínima de 1 mestre/a  responsable cada 25-30 alumnos/as e coa finalidade de asegurar o bo aproveitamento da visita didáctica. En cada un dos desprazamentos ás distintas visitas didácticas que realicen os centros educativos, o acompañante será o mestre/a  titor/a ou docente responsable de cada un dos grupos escolares, non podendo o condutor realizar o desprazamento sen que este se atope a bordo do vehículo. Será responsabilidade exclusiva dos centros de ensino participantes dispor da acreditación documental de autorización expresa dos pais/nais ou titores legais para que o alumnado poida facer a saída didáctica. Non poderá viaxar no autobús persoal non autorizado, agás alumnado e profesorado.

  • EXISTE UNHA PÓLIZA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL?

    Tanto o profesorado como o alumnado participante transportado está cuberto por unha póliza de responsabilidade civil e accidentes durante a viaxe de ida e volta dos desprazamentos escolares.

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal