ESTÁS EN : Portada | Novas

Novas

Emitidas dende a concellería de Educación

Comunicado 17 decembro 2014

Publicado por Concellería Educación | Non hai comentarios

17

dec

Prezado/a  Director/a:

 

Pola presente teño a ben comunicarlle que unha vez resolto o proceso de licitación para a prestación dos servizos para a xestión e transporte dos desprazamentos escolares no marco do programa educativo municipal“VIGO EDUCA – VIGO POR DENTRO”, asinouse o contrato coa empresa adxudicataria “AUTOS GONZÁLEZ, S.L.” o cal posibilitará logo das vacacións de Nadal o comezo en xornada lectiva matinal dos desprazamentos gratuítos dos itinerarios e/ou visitas didácticas locais de alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e educación especial) dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

Inicialmente determinado polo servizo municipal de educación, a cada centro de ensino atendendo primordialmente a criterios de proporcionalidade segundo a matrícula oficial e a cuestións internas de índole organizativa, se lle asignará un crédito inicial dun número determinado de desprazamentos en autobuses de 55 prazas máximas prefixadas e que reúnan as condicións estipuladas pola lexislación vixente para o transporte escolar, que os centros de ensino solicitantes poderán ir consumindo e desenvolvendo ao longo do curso lectivo escolar.

 

Con esta finalidade achegámoslle para o seu coñecemento, todas aquelas cuestións referentes ao sistema de solicitude dos autobuses das distintas visitas didácticas á cidade de Vigo, cuxa xestión e programación previa corresponde a cada un dos centros de ensino da nosa cidade. Lembrámoslle que é importante, para a correcta xestión do calendario de desprazamentos escolares do programa, seguir as indicacións que figuran na seguinte páxina e aquelas outras que se recollerán no portal web específico do programa www.vigoeduca.org que estará operativo a partires de xaneiro do 2015.

 

Agardando sexa de interese e utilidade para a comunidade educativa, reciba un cordial saúdo.

Vigo, a 17 de Decembro de 2014

 

A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN

 

Asdo.: Olga Alonso Suárez

 

 

Comentarios desactivados

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal