ESTÁS EN : Portada | Novas

Novas

Emitidas dende a concellería de Educación

Comunicado 16 outubro 2014

Publicado por Concellería Educación | Non hai comentarios

16

out

Prezado/a  Director/a:

 

Pola presente teño a ben adiantarlle que dende a Concellería de Educación do Concello de Vigo, estamos a traballar na procura de implementar o programa educativo “VIGO EDUCA” para promover a participación activa do alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos; no coñecemento cultural da cidade de Vigo, mediante o desprazamento gratuito de dito alumnado na realización dun número determinado  de itinerarios e/ou visitas didácticas locais que se desenvolverán na nosa cidade en xornada lectiva matinal e ao longo do curso lectivo escolar. Con este programa de utilización didáctica da cidade, queremos contribuir por unha banda a complementar o proceso de ensino-aprendizaxe saíndo das aulas a través do desenvolvemento das visitas didácticas que se teñen programadas por parte dos centros de ensino; e por outra banda,  queremos contribuir a aumentar o sentimento de pertenza e implicación coa cidade onde vivimos, na procura de responsabilizarnos na súa conservación e mellora.

 

Con esta finalidade, o Concello de Vigo tal como é preceptivo legalmente, anunciou a finais de setembro nos boletíns oficiais, a apertura dun proceso de licitación por procedemento aberto para a contratación dos servizos para a xestión e transporte dos desprazamentos escolares no marco do citado programa educativo. O 15/10/2014 rematou o prazo para presentación de ofertas, e tan pronto se resolva este proceso e teñamos empresa adxudicataria especializada con contrato asinado para poder iniciar a prestación deste servizo;comunicarase a todos os centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos, toda a loxística organizativa e as canles de comunicación concretas para poder solicitar o transporte gratuito de alumnado e profesorado nas distintas visitas didácticas á cidade de Vigo. A cada centro de ensino, atendendo primordialmente a criterios de proporcionalidade segundo a matrícula oficial e a cuestións internas de índole organizativa, se lle asignará un crédito inicial dun número determinado de desprazamentos en autobuses de 55 prazas prefixadas e que reunan as condicións estipuladas pola lexislación vixente para o transporte escolar, que os centros de ensino solicitantes poderán ir consumindo ao longo do curso lectivo escolar.

 

Asemade, e coa idea de non esquecer a parte educativa e pedagóxica desta iniciativa municipal, tamén estamos a traballar na concreción dun portal web complementario, que posibilite á comunidade educativa a descarga en distintos formatos de documentos (texto, imaxes, videos ...) relacionados co patrimonio cultural da nosa cidade. Esta versátil e dinámica ferramenta web, que se irá completando en distintas fases, será plenamente accesible para os navegadores máis utilizados do mercado, estará integrada nas redes sociais e terá unha xestión autónoma de actualización cotiá de contidos para proporcionar unha información actualizada.

 

Agardando sexa de interese e utilidade para a comunidade educativa, reciba un cordial saúdo.

 

 

 

Vigo, a 17 de Outubro de 2014

 

 

 

Comentarios desactivados

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal