Coñece o teu concello

 

DESTINATARIOS/AS

Alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria

TELEFONOS CONTACTO

Praza do Rei s/n.

36201 Vigo

 

Tel - 986 810 181

HORARIOS

De luns a venres de 8.00 a 15.00

CONTACTO / EMAIL

INFORMACIÓN ADICIONAL

Poden descargar a información completa sobre  o programa aquí

 

 

Para solicitar esta visita deben cubrir o seguinte formulario e remitilo ao enderezo electrónico indicado: Descargar formulario

"Coñece o teu Concello" é unha iniciativa didáctica que promove o Servizo Municipal de Educación  para escolares de 5º e 6º de educación primaria dos centros escolares de Vigo.

A loxística organizativa do programa inclúe o transporte gratuíto e a visita guiada por monitor/a cualificado/a a distintas dependencias do edificio consistorial, para tentar achegar aos escolares ao coñecemento da estrutura, funcións e competencias que como administración pública local exerce o Concello de Vigo.

Durante a visita percorreranse os servizos municipais con máis interese para os escolares, explicando o funcionamento de cada un deles e dando a posibilidade, se é factible, de participar activamente nalgún deles mediante algún xogo ou actividade práctica. Os posibles lugares a visitar serán:

 

  • A lonxa (Planta baixa)
  • Alcaldía
  • Sala de xuntanzas da Comisión de Goberno
  • Salón de Plenos
  • Sala de prensa
  • Sala de control de tráfico
  • Laboratorio Municipal
  • Escola de Danza Municipal

 

 

Onde está

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal