Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

 

DESTINATARIOS/AS

Alumnado a partir de 4º de primaria

ENDEREZOS

Avda. García Barbón 5

36201 Vigo

 

Tel - 986228088

Centro socio-educativo, cunha antigüidade de máis de 120 anos, dedicado á formación non regrada para persoas adultas en especialidades relacionadas coas artes plásticas, os oficios artísticos e artesanais. Desde o centro, realízanse labores de dinamización sociocultural nesas áreas. A EMAO conta con biblioteca e hemeroteca con fondo histórico e contemporáneo, especialmente técnico relacionado coas especialidades que se ofertan.

 

Normalmente, e agás que se solicite algo específico en función do campo de interese, estudos ou idade dos visitantes, a visita consistirá en:

 

  • Breve presentación da Escola na Hemeroteca. Visita á Biblioteca histórica para coñecer libros e revistas ilustradas (fondos dende o século XVI)
  • Visita a dous ou tres obradoiros.
  • Se hai exposición aberta, visita ao Espazo EMAO

Onde está

HORARIOS

Oficina de 9.00 a 14.00h. Visitas só en horario de mañá, de 10.00h  a 14:00h (preferentemente martes, xoves e venres)

CONTACTO / EMAIL

Xosé Feixó Cid, Xefe de estudos

[email protected]

INFORMACIÓN ADICIONAL

Normalmente serán acompañados pola técnica de bibliotecas, se ben cómpre unha preparación previa e unha adaptación por parte do promotor da visita.

 

Folleto sobre a escola e as súas especialidades

cultura

economía e

empresa

patrimonio

equipamentos

públicos

medio

ambiente

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal