Roteiro - Área Arqueolóxica Mámoas de Candeán

 

DESTINATARIOS/AS

Ed. secundaria.

ENDEREZOS

Subida Madroa 57

36017 Vigo

A parroquia de Cadeán  linda polo leste coa parroquia de Teis, coa de Lavadores polo suroeste, coa de Cabral polo sur, e cos concellos de Redondela e Mos polo norte e leste. As súas cotas máis altas acádaas nos montes da Madroa, ao redor dos 300m, e do Vixiador, a 420m sobre o nivel do mar, e cun forte dominio visual sobre a ría de Vigo e do val do Fragoso. Segundo os datos dos censos máis recentes conta 4602 veciños e veciñas.

 

O conxunto funerario de Candeán contaba ata hai poucos anos con 18 túmulos, pero cinco deles xa foron destruídos. Posúen características variadas en canto a dimensións e morfoloxía e distribúense xeograficamente ao longo da parroquia dende a Mámoa de Casa dos Mouros (a situada máis ao sur, preto dos campos de fútbol da Madroa) ata a Mámoa do Vixiador (dentro do parque forestal que lle dá nome e preto xa de Redondela). A través do percorrido que propoñemos, só imos visitar 11 delas: as que se atopan entre a Asociación Veciñal e Cultural de Candeán e o parque forestal do Vixador.

INFORMACIÓN ADICIONAL

Esta visita non conta con monitoraxe propio. Poden descargar información sobre o roteiro nos seguintes enlaces.

 

Materiais didácticos

 

Guía (PDF)  2,9 MB

Roteiro (PDF) 1,1 MB

Unidade didáctica (PDF) 4,4 MB

Onde está

cultura

economía e

empresa

patrimonio

equipamentos

públicos

medio

ambiente

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal