Música e danza na escola

Programa de divulgación das escolas municipais de música e artes escénicas - curso 2014-2015

DESTINATARIOS/AS

Escolares de Ed. Primaria e Ed. Secundaria

ENDEREZOS

Rúa Rosalía de Castro 21-23

36201 Vigo

 

Tel - 986 247 750

HORARIOS

As actividades desenvolveranse sempre en martes lectivos

A Concellería de Educación do Concello de Vigo, a través das súas escolas municipais de música e artes escénicas, pon en marcha, complementariamente a outras iniciativas de divulgación e promoción das súas actividades, o programa “Música e danza na escola” (continuidade dos anteriores programas “Tocar é sentir” e “Música na escola”), co obxecto de facer partícipes aos centros de ensino de primaria e secundaria da cidade da promoción e desenvolvemento de actividades artísticas e creativas relacionadas coa música, a danza e as artes escénicas.

 

 Deste xeito, protagonizada polo profesorado das escolas municipais Escola municipal de música de Vigo (EMMV), Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-TRAD) e Escola Municipal de Danza (EMD), coa coordinación do Servizo municipal de Educación e coa imprescindible participación dos equipos responsables (profesorado e equipos directivos) dos centros de ensino, desenvolverase esta singular actividade.

 

O programa presenta dúas vertentes. Por unha banda, a posibilidade de desenvolver un concerto didáctico no centro educativo por parte do profesorado das escolas municipais, e por outra, a posibilidade de que o centro educativo realice unha visita didáctica ás escolas municipais participantes, para o que poderá solicitar o transporte no marco do programa Vigoeduca.

CONTACTO / EMAIL

LIGAZÓNS

INFORMACIÓN ADICIONAL

Cada centro educativo de primaria e secundaria da cidade poderá optar a participar UN DÍA neste programa, solicitándoo mediante correo electrónico ao enderezo [email protected] Non serán válidas as solicitudes presentadas por outros medios.

As datas asignaranse aos centros educativos por rigorosa orde de chegada das solicitudes que se presenten, debidamente cubertas, coa información que se indica no documento que se achega. A data tope para presentar solicitudes será o venres 13 de febreiro de 2015.

 

No seguinte enlace poderán descargar toda a información referente a este programa educativo . Descargar PDF

 

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal