ESTÁS EN : Portada | Novas

de Vigo Educa

8

abril

Novas actividades no Marco para escolares

Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios

O Museo Marco continúa coas súas visitas guiadas e obradoiros para escolares de todas as idades (infantil, primaria, secundaria/bacharelato), e grupos con necesidades específicas.

 

Nestes meses os contidos das actividades xirarán ao redor das exposicións temporais, con especial protagonismo da mostra 'FRANCISCO MANTECÓN. Paixón e cálculo. Durante o percorrido por salas, acompañados polas súas educadoras, os escolares experimentarán coas formas xeométricas, reflexionarán sobre a idea de figuración/abstracción, identificarán os compoñentes dun cadro (cor, liña, espazo…) e gozarán de xogos e actividades en grupo.

 

http://www.marcovigo.com/actuais

 

Lembrade que poden acoller ata un máximo de 100 participantes, divididos en dúas quendas de 11.00 a 12.15 e de 12.15 a 13.30.

 

O custo total por todo o grupo de alumnado é de 2€.

http://www.marcovigo.com/content/informacion-practica

http://www.marcovigo.com/content/de-cando-en-cadro-visitas-e-obradoiros-para-escolares

 

Comentarios desactivados

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal