ESTÁS EN : Portada | Novas

de Vigo Educa

10

mai

Exposición Museo MARCO | O mundo flúe

Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios

Dende o departamento educativo do MARCO estamos encantados de presentar unha nova programación dirixida a grupos de escolares, que terá lugar do 3 ao 22 de xuño, nas últimas semanas do curso.

 

O venres 3 de xuño inauguramos no espazo do Laboratorio das Artes a exposición 'O MUNDO FLÚE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade' producida por Fundación ONCE, que patrocina tamén a programación educativa que se desenvolverá en paralelo á mostra.

 

'O MUNDO FLÚE/EL MUNDO FLUYE' reúne unha selección de obras da Colección de Arte Contemporánea da Fundación ONCE. Un elemento fundamental desta mostra é o seu carácter aberto e participativo, co obxectivo de chamar a atención sobre a realidade da discapacidade e o seu enorme potencial. Na exposición preséntanse múltiples puntos de vista na interpretación da discapacidade, tanto por parte de artistas con algún tipo de diversidade funcional como de creadores que aportan as súas visións como tema de inspiración e motor das súas creacións.

 

Neste enlace podes saber máis sobre este proxecto, que ten percorrido xa distintas cidades.

 

O programa educativo que acompaña e complementa está dirixido, nunha primeira fase, a grupos de escolares (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato), e a partir do 23 de xuño --unha vez finalizado o curso escolar-- ao público infantil e as súas familias.

 

1 FASE

Do venres 3 ao mércores 22 de xuño, para grupos de ESCOLARES.

Horarios: de martes a venres, de 11.00 a 12.15 / de 12.15 a 13.30

Máximo aproximado: 50 alumnos por quenda

Previa cita no teléfono 986 113904 / 113900

 

 2ª FASE

Do xoves 23 xuño ao venres 29 de xullo, para PÚBLICO FAMILIAR: nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas.

Horarios: de martes a venres, de 12.00 a 14.00

Entrada libre ata completar aforo.

 

Dende o MARCO convidámosvos a que organicedes unha visita co voso alumnado, dentro das datas e horarios dispoñibles. O noso equipo educativo estará encantado de acollervos e ofrecervos unha particular perspectiva da creación artística contemporánea.

 

 Animádevos a vir!

 Un saúdo

Comentarios desactivados

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal