ESTÁS EN : Portada | Novas

Novas

Información e comunicados.

14

set

Comunicado 14 setembro 2015

Publicado por Concellería Educación | Non hai comentarios

Prezado/a Director/a:

 

Pola presente comunicámoslle que co comenzo do curso lectivo escolar 2015-2016, xa está disponible novamente a posibilidade de solicitar o transporte dos desprazamentos escolares no marco do programa educativo municipal“VIGO EDUCA”, mediante o cal a empresa adxudicataria “AUTOS GONZÁLEZ, S.L.” presta en xornada lectiva matinal os desprazamentos gratuitos a itinerarios e/ou visitas didácticas locais de alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e educación especial) dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

 

Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios

Igaciencia e educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa, coa colaboración da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións organizan en Vigo o Taller "A maxia da robótica" para escolares de toda Galicia.

Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios

O Museo Marco continúa coas súas visitas guiadas e obradoiros para escolares de todas as idades (infantil, primaria, secundaria/bacharelato), e grupos con necesidades específicas.

Nestes meses os contidos das actividades xirarán ao redor das exposicións temporais, con especial protagonismo da mostra 'FRANCISCO MANTECÓN. Paixón e cálculo. Durante o percorrido por salas, acompañados polas súas educadoras, os escolares experimentarán coas formas xeométricas, reflexionarán sobre a idea de figuración/abstracción, identificarán os compoñentes dun cadro (cor, liña, espazo…) e gozarán de xogos e actividades en grupo.

Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios

O Museo Quiñones de León inaugura a exposición “Estraño Cotián”, que recupera unha serie de obxectos da colección de artes decorativas do Museo municipal de Vigo.  Os centros educativos que o desexen poderán facer unha visita guiada todos os mércores de 10:30 a 12:30 previa reserva desde o 8 de abril ata o 31 de maio.

17

dec

Comunicado 17 decembro 2014

Publicado por Concellería Educación | Non hai comentarios

Prezado/a  Director/a:

 

Pola presente teño a ben comunicarlle que unha vez resolto o proceso de licitación para a prestación dos servizos para a xestión e transporte dos desprazamentos escolares no marco do programa educativo municipal“VIGO EDUCA – VIGO POR DENTRO”, asinouse o contrato coa empresa adxudicataria “AUTOS GONZÁLEZ, S.L.” o cal posibilitará logo das vacacións de Nadal o comezo en xornada lectiva matinal dos desprazamentos gratuítos dos itinerarios e/ou visitas didácticas locais de alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e educación especial) dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

 

16

out

Comunicado 16 outubro 2014

Publicado por Concellería Educación | Non hai comentarios

Prezado/a  Director/a:

 

Pola presente teño a ben adiantarlle que dende a Concellería de Educación do Concello de Vigo, estamos a traballar na procura de implementar o programa educativo “VIGO EDUCA” para promover a participación activa do alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos; no coñecemento cultural da cidade de Vigo, mediante o desprazamento gratuito de dito alumnado na realización dun número determinado  de itinerarios e/ou visitas didácticas locais que se desenvolverán na nosa cidade en xornada lectiva matinal e ao longo do curso lectivo escola.

 

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal