ESTÁS EN : Portada | Novas

Novas

Información e comunicados.

Publicado por Concellería Educación | Non hai comentarios

O Museo Liste de Vigo inicia a programación do 4º trimestre do ano con actividades e talleres específicos para escolares que se complementan coas fichas de traballo e diverso material didáctico adaptado aos distintos niveis educativos.

 

Publicado por Concellería Educación | Non hai comentarios

O departamento educativo do MARCO iniciará a súa programación didáctica do outono en  torno ao 20 de outubro  centrándose na exposición "Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz". Esta exposición que se inaugura o 14 de outubro na planta baixa, está comisariada por Rosario Sarmiento e formúlase como revisión da mostra titulada "A arte inexistente", realizada en 1995 no Auditorio de Galicia, e reúne obras de artistas mulleres do século XX en Galicia.

 

12

set

Publicado por Concellería Educación | Non hai comentarios

Prezado/a Director/a:

 

Pola presente comunicámoslle que co comenzo do curso lectivo escolar 2016-2017, xa está disponible novamente a posibilidade de solicitar o transporte dos desprazamentos escolares no marco do programa educativo municipal“VIGO EDUCA”, mediante o cal a empresa adxudicataria “AUTOS GONZÁLEZ, S.L.” presta en xornada lectiva matinal os desprazamentos gratuitos a itinerarios e/ou visitas didácticas locais de alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e educación especial) dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

 

Coñece o teu concello

Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios

12

mai

"Coñece o teu Concello" e unha iniciativa didáctica que promove o Servizo Municipal de Educación  para escolares de 5º e 6º de educación primaria dos centros escolares de Vigo.

 

A loxística organizativa do programa inclúe o transporte gratuíto e a visita guiada por monitor/a cualificado/a a distintas dependencias do edificio consistorial, para tentar achegar aos escolares ao coñecemento da estrutura, funcións e competencias que como administración pública local exerce o Concello de Vigo.

Exposición Museo MARCO | O mundo flúe

Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios

10

mai

Dende o departamento educativo do MARCO estamos encantados de presentar unha nova programación dirixida a grupos de escolares, que terá lugar do 3 ao 22 de xuño, nas últimas semanas do curso.

10

nov

‘E TI, QUE RECORDAS?’  programa para escolares do Museo MARCO en torno á exposición ‘PRODUCIÓNS E PROCESOS NA COLECCIÓN DKV’

Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios

O departamento educativo do MARCO ten preparado un conxunto de actividades (visitas + obradoiros) en torno á exposición titulada ‘PRODUCIÓNS E PROCESOS NA COLECCIÓN DKV’, que ocupa as salas da planta baixa dende o 16 de outubro de 2015 ata o 24 de xaneiro de 2016.

Visita o teu concello

Publicado por Vigo Educa | Non hai comentarios

24

set

"Visita o teu Concello" e unha iniciativa didáctica que promove o Servizo Municipal de Educación  para escolares de 5º e 6º de educación primaria dos centros escolares de Vigo.

A loxística organizativa do programa inclúe o transporte gratuíto e a visita guiada por monitor/a cualificado/a a distintas dependencias do edificio consistorial, para tentar achegar aos escolares ao coñecemento da estrutura, funcións e competencias que como administración pública local exerce o Concello de Vigo.

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal