O Castro de Vigo

 

DESTINATARIOS/AS

Tódalas etapas educativas

ENDEREZOS

Paseo cronista Xosé M. Álvarez Blázquez-Monte de O Castro

 

Telf - 010

HORARIOS

Horario de inverno (de xaneiro a abril): De mércores a venres, e domingos de 11:00h a 13:00h. Sábados de 16:00h a 18:00h

O Castro de Vigo localízase no monte de O Castro, situado en pleno casco urbano da cidade. As escavacións efectuadas ao longo do pasado século na ala nordeste do monte permitiron recuperar unhas vinte construcións e numerosas estruturas escavadas na rocha correspondentes a canles, pías, buratos de poste, etc. Os restos escavados son unha pequena parte dun poboado castrexo que se estendería polas abas do monte, habitado entre o século II a.C. e o século III d.C. Foi abandonado pacificamente, probablemente polo traslado dos seus habitantes á zona do Areal. Baseándonos na información proporcionada polo xacemento e por outros castros similares, reproducíronse tres edificacións que ilustran un momento inicial da ocupación romana. Ante as réplicas, levantadas ata o tellado, os muros orixinais semellan pequenos e insignificantes. Non obstante, son estes os que teñen auténtico sentido humano. Son os que construíron os seus habitantes hai uns dous mil anos para vivir coas súas familias. Por todo isto, e porque ofrecen información arqueolóxica, constitúen valiosos documentos do pasado que debemos coñecer e conservar.

CONTACTO / EMAIL

LIGAZÓNS

Onde está

INFORMACIÓN ADICIONAL

O Centro conta cun arqueólogo que dirixe a visita

 

Pode descargar neste enlace materiais didácticos sobre o xacemento do Castro de Vigo

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal