Percorridos pola arquitectura e historia da cidade

 

DESTINATARIOS/AS

Ed. Primaria e Ed. Secundaria

A evolución que sofre Vigo dende o núcleo primitivo até a actualidade pode explicarse con claridade a través das transformacións arquitectónicas e urbanísticas. Propóñense catro percorridos que fan referencia a catro fases na construcción da cidade:

 

  • Vigo na antigüidade
  • De vila a cidade (S.XVIII_XIX)
  • Vigo entre dous séculos (XIX-XX)
  • Vigo hoxe

 

Asociados a estes, atoparán catro guías que conteñen textos que o profesorado adaptará ás capacidades dos rapaces, unha serie de cadernos didácticos para escolares sobre historia da arquitectura de Vigo ideado como material de apoio para dar a coñecer a evolución da cidade dende o seu nacemento. Para traballar cos alumnos de Ed. Primaria propóñense cinco fichas de traballo que se corresponden aos diferentes percorridos que se poden facer pola cidade.

 

  • Vigo, un mar de lendas
  • Vigo, 2000 anos de viaxe
  • Vigo, a cidade hoxe
  • Vigo, un mar de vida
  • Xogo: Aprende coa cidade

INFORMACIÓN ADICIONAL

Esta visita non conta con monitoraxe propio.

cultura

economía e

empresa

patrimonio

equipamentos

públicos

medio

ambiente

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal