ESTÁS EN :  Inicio  |  Presentación   |  Saúda da Concelleira

BENVIDOS/AS A VIGO EDUCA

Saúda da Concelleira de Educación

Prezado/a Director/a:

 

Pola presente comunicámoslle que co comenzo do curso lectivo escolar 2017-2018, xa está disponible novamente a posibilidade de solicitar o transporte dos desprazamentos escolares no marco do programa educativo municipal “VIGO EDUCA”, mediante o cal a empresa adxudicataria “AUTOS ESTÉVEZ AVIÓN S.L.” presta en xornada lectiva matinal os desprazamentos gratuitos a itinerarios e/ou visitas didácticas locais de alumnado de idade comprendida entre os 3-18 anos (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e educación especial) dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

 

No marco deste programa de utilización didáctica da cidade e determinado polo servizo municipal de educación, a cada centro de ensino atendendo primordialmente a criterios de proporcionalidade segundo a matrícula oficial e a cuestións internas de índole organizativa, lle foi asignado un crédito inicial dun número determinado de desprazamentos en autobuses de 55 prazas máximas prefixadas e que reunen as condicións estipuladas pola lexislación vixente para o transporte escolar, que os

centros de ensino solicitantes poderán ir consumindo e desenvolvendo ao longo do curso lectivo escolar 2017-2018.

 

Con esta finalidade achegámoslle, todas aquelas cuestións referentes ao sistema de solicitude dos autobuses para as distintas visitas didácticas á cidade de Vigo, cuxa xestión e programación previa corresponde a cada un dos centros de ensino da nosa cidade. Lembrámoslle que é importante, para a correcta xestión do calendario de desprazamentos escolares do programa, seguir as indicacións que figuran no seguinte portal web específico do programa www.vigoeduca.org.

 

Agardando sexa de interese e utilidade para a comunidade educativa, reciba un cordial saúdo.

 

 

 

 

Vigo, a 12 de Setembro de 2017

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal