VITRASA

Empresa concesionaria do transporte público de Vigo

DESTINATARIOS/AS

Alumnos/as de 3º e 4º de primaria.

ENDEREZOS

Ctra. de Camposancos 36

36213 Vigo

 

Tel - 986 441 570

CONTACTO / EMAIL

Estela Vieitez

VITRASA, comeza a súa actividade no ano 1.968, como empresa de servizos de transporte público de viaxeiros na cidade de Vigo. Actualmente dispón dunha frota de 116 autobuses informatizados, que cobren un total de 27 liñas  permitindo a comunicación entre os principais barrios e parroquias do Concello.

 

O obxectivo destas visitas consiste en que os rapaces coñezan máis en profundidade o funcionamento desta rede de transporte público. En 2013 preto de 1.600 nenos de 40 colexios participaron nesta iniciativa.

 

Onde está

LIGAZÓNS

INFORMACIÓN ADICIONAL

As visitas comezan despois de Semana Santa até o mes de maio incluído. Establécense dúas saídas a escoller polo centro, en horario de mañá (09:15 ou 11:30 horas).

 

Para o desprazamento ás instalacións, ponse a disposición dos interesados un autobús que se achegará ata o centro escolar para recoller aos rapaces e aos seus acompañantes e que, ao remate da visita, os levará de regreso.

 

Tanto o percorrido até as instalacións de Vitrasa como a visita posterior estarán guiados por persoal da empresa, que explica de xeito ameno e divertido as claves do funcionamento do transporte público na cidade.

 

Cada centro escolar poderá facer un máximo de dúas visitas, nun mesmo día ou ben en días distintos, cun máximo de 25 rapaces en cada visita. Por motivos de dispoñibilidade, á hora de concertar as visitas darase prioridade a aqueles grupos de alumnos que non visitaron as instalacións de Vitrasa durante o ano anterior.

 

Material didáctivo

Vitrasa fai entrega aos rapaces dunhas unidades didácticas con información sobre o transporte público.

 

Descargar unidade (PDF)

cultura

economía e

empresa

patrimonio

equipamentos

públicos

medio

ambiente

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo

TELF  986 81 01 81

FAX   986 22 17 26

Email [email protected]

© Concello de Vigo 2016 - Todos os dereitos reservados  |  Aviso Legal